Галисийский Культура
04.09.2026 Читать источник
В Мондильоне вспоминают жизнь и творчество фотографа Родольфо Гасио, работавшего в городе полвека

Профессиональный фотограф Родольфо Гасио, эмигрировавший в 1910 году в Кубу, вернулся в Мондильоне в 1922 году и открыл там успешную фотостудию. Его работы, запечатлевшие религиозные церемонии и панорамы города, до сих пор хранятся в архивах и частных коллекциях.
Перевод ИИ
Текст статьи доступен на языке оригинала.
Нажмите кнопку «Перевести статью» выше, чтобы сгенерировать перевод с помощью ИИ.
Оригинальный контент
O fotógrafo Rodolfo Gacio
Rodolfo Gacio Prieto (Mondoñedo, 1890-1967), fillo de Salustiano e Ramona, exerceu como fotógrafo profesional en Mondoñedo arredor de medio século. Previamente, en 1910, tras ser declarado prófugo por non presentarse á chamada de recrutamento militar, emigrou a Cuba, país onde residiu ata os primeiros anos da década dos vinte. Antes, moito antes, cando aínda era neno aparece o seu nome en El Norte de Galicia onde se di que formou parte dunha comparsa de clons que se desprazou celebrar o Antroido a Ribadeo. Seica ía vestido á maneira de Luís XIV.
En 1929 abre un estudo ou galería fotográfica cuxos fondos foran decorados polo pintor José María Alonso Silveiro, un alfocego de Lagoa alcumado Lipillas e aveciñado en Mondoñedo que merecería nota á parte por sufrir represalia tras o golpe de 1936, sometido a consello de guerra en 1937, encadeado varios anos e finalmente indultado.
Dedicouse a decorar bares, salas de baile, vivendas, igrexas, capelas e ata coches, entre eles, os da factoría Barro en Chavín. Traballou moito en Foz e en Mondoñedo deixou pegada na catedral ou nos aínda visibles decorados da farmacia Lombardero. En 1960 marchou a Venezuela para nunca regresar. Martín Fernández Vizoso dedicoulle un extenso artigo da serie 'Memoria de mariñáns'.
Pero volvamos con Rodolfo Gacio. En 1918 atopamos referencia dalgunhas fotos da súa autoría. A galería fotográfica que abre en 1929 sitúase na rúa Leiras Pulpeiro, nº 3. Nos anuncios que se publican en Vallibria ofrece todo tipo de servizos relacionados coa fotografía e coa arte. Copias en sepia verde e azul en varios tamaños, ampliacións en negro e color, bromóleos e fotóleos sobre lenzo ou caoba, reconstrucións e reformas de fotos antigas, amais dos revelados e cometidos propios dun estudo fotográfico moderno para a época. Na década dos 50 tiña o estudo na rúa denominada daquela Primo de Rivera (actualmente Progreso), no mesmo local que ocuparía despois Foto Celta.
Mentres residiu en Cuba formou parte das directivas de colectivos como Unión Lucense en 1916 e foi secretario de Mondoñedo y su Comarca, asociación creada en 1921 que patrocinou no seu momento a escola do Reguengo en Pedrido. En 1922 regresa a Mondoñedo polos días das San Lucas, aínda que non sabemos se foi daquela cando o fixo definitivamente.
A obra fotográfica de Rodolfo Gacio anda dispersa. De cando en cando difúndense imaxes da súa autoría en arquivos dixitais e redes sociais. Publicou varias desas fotografías nos xornais El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e El Progreso. Os asuntos das que puidemos ver tratan sobre cerimonias relixiosas, panorámicas de Mondoñedo e feiras das San Lucas. Hai que supoñer que se conservan moitas destas fotografías en distintos arquivos familiares de Mondoñedo.
Pódense ver oito fotografías asinadas por el no libro de J. Trapero Pardo 'Santuario de los Remedios' e outras tantas no artigo de Antonio Fraguas que leva por título 'Contribución al estudio de la Navidad en Galicia. Nadales, Aninovos, Xaneiras y Reyes' publicado no nº 3 da Revista de Dialectología y Tradiciones Populares en 1947. Faleceu en Mondoñedo o 27 de febreiro de 1967 cando contaba 77 anos de idade.
Аналитика ИИ и парсинга
Технические детали обнаружения, сопоставления и связывания статьи
Поисковый запрос
«Мондильоне фотограф Родольфо Гасио архив»
Запрос, сгенерированный ИИ для поиска статьи в веб-источниках
Связанные результаты поиска
Результаты поиска отсутствуют в БД
Парсер не сохранил результаты веб-поиска для этой статьи.