Галисийский Спорт
12.08.2026 Читать источник
Олимпийская чемпионка по триатлону Аннек Дженкинс стала крестной на гонке в Понтеведра

Новозеландская спортсменка, многократная чемпионка мира и Европы, приняла участие в церемонии открытия IV плавательной гонки на реке Лерес. Помимо поддержки местных мероприятий, Дженкинс делится опытом о важности здорового образа жизни и рассказывает о своей карьере, прерванной серьезными травмами.
Перевод ИИ
Текст статьи доступен на языке оригинала.
Нажмите кнопку «Перевести статью» выше, чтобы сгенерировать перевод с помощью ИИ.
Оригинальный контент
Anneke Jenkins, a madriña do Lérez
Anneke Jenkins é unha das grandes descoñecidas do deporte pontevedrés. Foi campioa do mundo de ácuatlon en 2014, campioa de España de media distancia e olímpica e posúe grandes resultados internacionais en probas dos diferentes circuitos e certames triatléticos, con algunha espiña cravada por mor do infortunio das avarías e, sobre todo, das lesións.
Así, como pequeno e merecido recoñecemento a unha gran traxectoria que moitas persoas ignoran, malia estar vencellada a Pontevedra desde hai xa moitos anos, a triatleta neozelandesa foi a pasada fin de semana a madriña da IV edición da Travesía a Nado do Río Lérez.
Actualmente traballa como deseñadora gráfica para unha marca de prendas de neopreno e está a desenvolver o proxecto Marjenwellnes, en colaboración cunha compañeira, a través da rede social Instagram, coa saúde como asunto esencial e a actividade física e a nutrición como medios para conseguila. Tamén ten un grande interese na formación como adestradora, enfocada á cidadanía, ao seu coidado, non tanto ao profesionalismo. "Vexo moita xente sedentaria, que non fai nada. É moi importante facer deporte e comer ben, pero non só por unha cuestión de peso, senón por saúde".
Esa forma de concebir a vida encaixa coa mentalidade que intentan transmitir as administracións locais. En Pontevedra, un dos artelladores da vida sa é o río Lérez. A súa contorna é un motor para a organización de eventos acuáticos, como a Travesía a Nado, as diferentes probas triatléticas ou mesmo competicións de piragüismo. Un espazo que permite ao cidadán achegarse ao espectáculo, pero tamén ao usuario facer uso dunha pista natural ao aire libre.
"Pontevedra é diferente a outros lugares. En menos dun quilómetro do centro da cidade, tes o teu espazo natural para poder adestrar. Ofrece diferentes partes para adestrarse e realizar circuitos de seis quilómetros. Tes o CGTD moi próximo e sempre ves atletas de diferentes modalidade nesa contorna".
As augas do Lérez deron un salto de calidade nas últimas décadas, o que favoreceu a acollida de eventos internacionais e nacionais. Os triatletas non sempre gozan da fortuna de nadar nesas condicións. "Cando tes unha competición, non tes elección. Non o pensas", explica Anneke.
Sen competir, pero en forma
A neozelandesa bota en falta unha parte da competición. Só unha parte, porque lembra que "ser deportista profesional é moi egoísta, moi absorbente. Só che deixa tempo para ti mesma. E agora o meu tempo é para Olivia (súa filla de tres anos)", explica.
Manténse en forma. De cando en cando adestra coas triatletas emerxentes do equipo Fetri que dirixe seu marido, Javier Gómez Noya. "Adoro o traballo en grupo, adoro estar con elas". Jenkins tamén tomou parte na Gladiator Race, na que rematou segunda. Pero agora todo o deporte ten un obxecto para ela: desfrutar e coidar a súa saúde e a súa forma.
Espera que eses valores sexan parte da educación de súa filla Olivia. "Quero que faga deporte para unha mellor saúde, para que estea fóra da casa, desfrute e sexa activa. É moi importante para min que non fique sentada no sofá vendo a tele".
O que non ve como unha prioridade é que chegue á elite. "Os nosos amigos dinnos que é moi coordinada e forte. Que se o quixese, podería ser unha boa atleta, pero non quero pór ningunha presión sobre ela. Só quero que faga o que desexe, sabendo que o deporte profesional é moi duro. Por agora só quero que sexa unha nena".
Antípodas e contrastes
Jenkins vive nas súas antípodas. Din que se alguén empezase cavar un túnel en liña recta empezando desde Nova Zelandia, atoparía a fin do traxecto en Galicia. Para Anneke Pontevedra non foi o remate, senón o comezo de algo novo e grande.
Da Boa Vila gústalle a comida, a vida cotiá e a acollida dos seus cidadáns -"a xente sabe que non é sinxelo para min estar aquí, lonxe da familia e dos amigos"- e estráñanlle algunhas outras circunstancias.
'Están tolos estes galegos' debeu de pensar cando descubriu que, ao contrario que na súa terra, o que marca o ritmo de vida é a luz e non tanto o reloxo. E a luz no verán das Rías Baixas é moi xenerosa.
Con todos eses cambios, "adapteime a isto. É moi raro, pero ao mesmo tempo gústame. Cear ás nove? Por qué non antes?", preguntábase ao principio. "É diferente, o que non significa que sexa peor. Hai aspectos que me encantan, como que os nenos poidan estar moito tempo na rúa. Non podería imaxinar a miña filla na cama ás sete da tarde".
En consecuencia, "boto en falta Nova Zelandia, sobre todo a miña xente -visitan a familia por Nadal, xeralmente-, pero non sinto que precise regresar. A miña vida está con Javi e Olivia".
Iso si, na alta consideración que ten da actividade física como medio de saúde, percibe que Pontevedra podería importar certos usos de Nova Zelandia: a gran cantidade de poboación que practica deporte antes de acudir ao seu posto de traballo. "Aquí érgome un domingo á mañá para saír correr e non hai ninguén pola rúa. Só algunha persoa que volve de estar de festa".
Da natación ao tríatlon, lastrada polas lesións
A súa etapa como deportista estivo marcada por unha infinidade de lesións que lle impediron "competir como me gustaría competir. Non puiden demostrar o que realmente tiña dentro. Non podía adestrar como debería. Era o máis frustrante. Se non fose polas lesións, podería ter disfrutado moito máis" e por suposto, conseguir mellores resultados.
De feito, a súa chegada ao tríatlon produciuse tamén por mor dun contratempo físico, o síndrome de sobreadestramento, que acabou non só castigándoa fisicamente, senón saturándoa. Jenkins na súa adolescencia era nadadora. Malia comezar tarde no deporte de elite, chegou a ser internacional no estilo de braza.
Pero cando enfermou, debeu parar durante máis de dous anos. Entón comezou a probar en saídas atléticas para non deixar de facer exercicio. E foi daquela cando sucedeu algo inesperado. "Comecei a adestrar e moi rapidamente comecei a 'voar'. Nunca imaxinei que podería facer carreira en triatlón. Para min foi unha sorpresa".
Puido vivir intensamente a familia do triatlón, coñecer moita xente, acumular grandes experiencias arredor do mundo e gozar dun "estilo de vida realmente bo".
Аналитика ИИ и парсинга
Технические детали обнаружения, сопоставления и связывания статьи
Поисковый запрос
«Аннек Дженкинс крестная гонка Понтеведра»
Запрос, сгенерированный ИИ для поиска статьи в веб-источниках
Связанные результаты поиска
Фильм Смертельная гонка (2008). Описание, отзывы, рецензии, кадры из фильма, список актеров, расписание сеансов в кино. Постиндустриальный мир будущего.
В антиутопическом будущем, вдохновлённом нелегальной бразильской лотереей животных, бесстрашному молодому человеку предстоит выиграть смертельную гонку, чтобы спасти свою сестру.